Skip to Content

Libros de texto e material

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS-AS E EXCLUÍDOS-AS.

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS-AS E EXCLUÍDOS-AS.

AXUDAS MUNICIPAIS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

 

ESTIMADAS FAMILIAS: 

Informámoslles que o Concello de Vigo convoca axudas municipais para Libros e Material Escolar para o alumnado de Educación Infantil, para o vindeiro curso 2019/2020. 

No colexio temos algúns impresos de solicitude e trípticos coa información. Para maior información deberán consultar nos teléfonos 010 ou 986 810 260 ou na web

www.vigo.org

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL 2019-2020

FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL:

·         Libros de texto: de 3º a 6º de Primaria

·         Cheque libros de texto: 1º e 2º de Primaria

·         Cheque material: de 1º a 6º de Primaria

PRAZO MÁXIMO DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO do curso 2018/2019: Ata o 21 de xuño.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   DO 21 de maio ata o 21 de xuño ámbolos dous inclusive.

DOCUMENTACIÓN A  PRESENTAR:

  •      Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.  Se non ten libro de familia ou non reflicte a situación a 31 de decembro de 2017, poderá acreditalo con algún dos seguintes medios:

-    Sentenza  xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do       menor.

-        Certificado de convivencia.

-          Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  •      Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecida por un órgano que NON pertenza á Xunta de Galicia (SE É O CASO).
  •       Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar (SE É O CASO).
  •       Certificado ou volante de convivencia, ou informe dos sevizos sociais do concello no caso de que o pai e a nai carezan  de DNI e NIE. 

    As copias deberán vir acompañadas dos ORIXINAIS para a súa compulsa.

* Para o cálculo da renda terase en conta a RENDA DE 2017 (Sumar casiñas 415+435) e dividir entre o número de membros da unidade familiar)

MOI IMPORTANTE:  

alumnado que remata 6º de Educación Primaria deberá presentar a solicitude no centro no que estea matriculado o vindeiro curso.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente  por vía eletrónica  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderanse presentar presencialmente nos centros docentes. Neste caso,  solicitudes deberán vir ben cubertas e asinadas, pregámoslle poñan atención á hora de cubrir todos os apartados. Os responsables do alumno/a entregarán a solicitude na SECRETARÍA do centroAs solicitudes non poderán  ENVIARSE  POLO ALUMNADO.

DATAS DE INTERESE:

Listaxes provisionais:  5 de xullo

Prazo de reclamación: 2 días (8 e 9 xullo)

Listaxes definitivas: 12 de xullo

 

 

                                                                                                                          O EQUIPO DIRECTIVO

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut