Skip to Content

Benvidos/as ao espazo web do CEIP Plurilingüe Lagostelle

 

 

Día das bibliotecas

Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas e xa que "A Biblioteca ten a palabra", no Lagostelle quixemos darlles a palabra ás mulleres, tantas veces silenciadas e que son alicerce de todas as sociedades e imprescindibles para que este mundo siga xirando. Fagámolas visibles!!

Día das bibliotecas

Samaín 2021

 

Renovación Parcial dos membros do consello escolar

 

CIRCULAR DIRECCIÓN I  2021/22

 

De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, infórmase sobre o proceso electoral para a renovación parcial dos membros do CONSELLO ESCOLAR correspondente a este curso 2021-22. En base a citada normativa o noso centro educativo elixirá a 2 mestres/as, 1 PAS (persoal administración e servizos) e 3 nais/pais, así coma suplentes para cada posto. Deste xeito o Consello Escolar manterá a representatividade que lle corresponde a cada sector da Comunidade Educativa .

 

Dende a dirección do centro queremos animarvos a PRESENTAR AS VOSAS CANDIDATURAS aos postos que se renovan, e por suposto, a votar aos que se presenten no sector do que formades parte (as datas para cada fase do proceso serán establecidas pola XUNTA ELECTORAL). Este proceso se iniciará  coas seguintes actuacións:

 

·        28 de outubro de 2021 (no edificio administrativo ás 12:50 horas): SORTEO PÚBLICO para elixir aos integrantes e suplentes do órgano que regulará o proceso, é dicir, a XUNTA ELECTORAL: 1 mestre/a, 1 pai/nai e 1 PAS . Como é preceptivo, a XUNTA ELECTORAL estará presidida polo director do centro.

 

·        4 de novembro: constitución da XUNTA ELECTORAL que organizará e definirá o proceso e o calendario do mesmo fixando a data para as votacións, tal e coma está establecido na Resolución, entre o 22 e o 26 de novembro.

 

Unha vez constituída a Xunta Electoral recibiredes mais información sobre os aspectos e datas concretas a ter en conta no desenvolvemento deste proceso.

 

 

Ciberseguridade e perigos na rede

 

 
O grupo Polo Correo do Vento, o Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia propuxeronnos onte  un contacontos ilustrado e musicado no que de xeito lúdico citaron unha serie de recomendacións e dinámicas a ter en conta  na nosa relación coa rede. O alumnado de 4º Ep quedou encantado.

 

Álbum: Curso 21/22 -> Polo correo do vento

Donación de material

Desde o centro queremos agradecer á empresa Trelleborg e a Rocío Blanco, polas xestións efectuadas para a donación de varias mochilas, bolígrafos e cadernos para o alumnado.

Álbum: Curso 21/22 -> Trelleborg

Reunións

Reunións

Musiqueando

O pasado venres, grazas a colaboración coa Anpa, visitounos o grupo musical "Pingarela" ofertado pola Deputación de Lugo dentro do programa Musiqueando, deleitounos cunhas sesións de música tradicional.

Álbum: Curso 21/22 -> Musiqueando

Días non lectivos

Estimadas familias.

Lembrámosvos que tanto o luns día 11 coma o martes día 12 o centro permanecerá pechado, o primeiro por ser o Día do Ensino e o segundo por ser festivo nacional.

Saúdos.

Pago telemático do comedor

Distribuir contido


by Dr. Radut