Skip to Content

Visitas

Onte visitáronnos Ita e Loli dúas mestras que pasaron moitos anos no centro e tiveron unha animada charla co alumnado de 3º EP.

Visitas

Pedagoxía Triburia

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de E Primaria tiverón unha sesión a cargo da Axencia Tributaria de Galicia. O Programa de Educación Cívico- Tributaria ten por obxecto fomentar a conciencia fiscal entre a cidadanía máis nova e transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal.

https://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/pedagoxia-tributaria/video-que-son-e-para-que-serven-os-impostos

Pedagoxía Triburia

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25

 

 

 

Enlace a convocatoria

 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice a aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ )  e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación   (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ), imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo (pedir cita con anterioridade).

 

- Documentación

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

O prazo remata o 21/06/24

 

 

 

Poderán recoller na secretaría (consultar horario) do centro ditos Anexos e preguntar calquera dúbida sobre o procedemento.

Un saúdo.

 

Eu quero ser

O centro está a participar nunha actividade ("Eu quero ser ...") cos usuarios/as do centro de día, na cal o alumnado pensa que quere ser de maior e plasmao nunha libreta  que lles entregamos e que van "estudar" a fondo.

Álbum: Curso 23/24 -> Eu quero ser

CONCERTO

Hoxe xúntamonos para celebrar a Festa das Nosas Letras que este ano está adicada a Luisa Villalta

Celebrámolo contando coa presenza de Cé Orquestra Pantasma. Pasámolo moi ben!!

CONCERTO

Saida de E Infantil

A semana pasada, o alumnado de E Infantil  visitou o o parque de Corax Fauna. Tiveron un día espectacular e desfrutárono moito.

Álbum: Curso 23/24 -> Saída a Corax

Novo Horto

Xa está funcionando o "novo horto". Cada nivel terá un bancal propio onde poder prantar. A verdade e que quedou moi ben!!

Álbum: Curso 23/24 -> Horto

Aula multisensorial

Xa temos funcionando a nosa aula multisensorial. Quedou chulísima!!!

 

Leandro Lamas

Dentro das actividades do 50 aniversario, hoxe contamos coa visita do pintor e ilustrador  Leandro Lamas que levou a cabo tres obradoiros cos ciclos de Primaria. Explicoulles como facer un debuxo paso a paso e de xeito sinxelo. Quedaron xenial!

Tamén tivo tempo de sacar unha foto no recuncho da biblioteca que lle temos reservado.

Álbum: Curso 23/24 -> Leandro Lamas

Feira InnovArt

O alumnado de 5º EP visitou a Feira de InnovArt en Santiago de Compostela.

Álbum: Curso 23/24 -> InnovArt
Distribuir contido


by Dr. Radut