Skip to Content

Calendario escolar do Curso 23/24

COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

Xa están dispoñibles as novas Instruccións para o comedor escolar do vindeiro curso. Tedes quen entregar o Anexo III (adxunto) debidamente cuberto e asinado no centro educativo.

Colaboradoras/es do comedor escolar

Estimadas familias:

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.

 O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

 

Lémbrase que é preciso ter  o certificado de non delitos sexuais a hora de entregar a solicitude.

Libros de Texto 23/24

Calendario Fondo Libros

Datas

 

- Publicación listaxe provisional:   3 xullo no taboleiro do centro.

- Reclamación á listaxe provisional:   4 e 5 de xullo na secretaría do centro.

- Publicación listaxe definitiva:    6 xullo no taboleiro  do centro.

- Recollida Historial Académico de 6º EP:  5 xullo na secretaría do centro.

 

AXUDA DE LIBROS E MATERIAL

 

  • Entrega de vales de libros de texto e de material (as familias que non recollan os vales nestas datas terán que esperar a setembro para recollelo) :

 

  •  1º e 2º Educación Primaria o 6 de xullo
  •  3º e 4º de Educación Primaria o 7 de xullo
  •  5º e 6º de Educación Primaria o 10 de xullo 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

María Balteira a bailadora primeira

Grazas a colaboración co Anpa, o alumnado de Ed. Primaria desfrutou desta obra na que se pon en valor o baile tradicional e que mixtura  teatro, música e baile.

Álbum: Curso 22/23 -> Obra de teatro

Hixiene postural

Por segundo curso consecutivo, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria acudiu a un obradoiro impartido por Lucía Lobeiras ( fisioterapeuta) sobre hixiene postural. 

Desde o centro agradecémoslle a Lucia esta interesante iniciativa e invitámola a que continue dándonos consellos.

 

Álbum: Curso 22/23 -> Hixiena Postural

Xornadas de portas abertas

Mañá venres, celebramos a Xornada de Portas Abertas para o alumnado que no curso 2023/24 se incorporará ao noso centro en 4º de E. Infantil. E o noso alumnado quixo ensinarlles o que maís lles gusta do cole!!

 

 

Charlas de Educación Vial

Entre o luns e o mércores o alumnado asistiu a unhas charlas sobre educación vial ofrecidas pola Xefatura Provincial de Tráfico

Álbum: Curso 22/23 -> Charlas de Ed. Vial

Saída do 1º ciclo

Onte o alumnado do 1º ciclo de EP visitou Corax Fauna. Pasárono xenial!!!

Álbum: Curso 22/23 -> Saida do 1º ciclo
Distribuir contido


by Dr. Radut