Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Admisión
RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
REUNIDA A COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE OLEIROS O DÍA 6 DE XUÑO DE 2019 PUBLICAMOS A RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO NOS DISTINTOS CENTROS DO CONCELLO.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN
Para poder ver a listaxe definitiva de alumnado do proceso de admsiión do curso 2019/2020 pica AQUÍ.
Recordamos que seguindo a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admsión do alumnado, a estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas."
"Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante á persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa poblicación."
Aproveitamos tamén para recordar que o plazo para matricularse é do 20 ao 30 xuño. Previamente informarase da documentación necesaria para a formulación da matrícula. Ata esa data non hai que facer nada máis.
LISTADO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PROVISIONALMENTE
Para ver o listado de admitidos e non admitidos PROVISIONAIS de 4º EI pica AQUI
Para ver o resto de admitidos en non admitidos pica AQUÍ
Recordamos que depois da publicación dos listados provisionais hai cinco días hábiles contados A PARTIR DO SEGUINTE DÍA DA PUBLICACIÓN para facer reclamacións.
Para coñecer o desglose por puntos podedes pasar por secretaría en horario de 09:00-14:00h.
O periodo de reclamacións comeza polo tanto o día 24 de abril e remata o 30 deste mesmo mes.
AVISO
AVISO
INFORMAMOS A TODOS OS QUE SOLICITARON PRAZA NESTE CENTRO EDUCATIVO PARA O VINDEIRO CURSO 19/20, QUE DESPOIS DE TER RECIBIDO UNHA ALEGACIÓN AO CRITERIO COMPLEMENTARIO DO BAREMO; O CONSELLO ESCOLAR REUNIDO EN CONSELLO EXTRAORDINARIO APROBOU A ELIMINACIÓN DO MEMSO.
POLO TANTO NINGUÉN LEVARÁ ESE PUNTO DO BAREMO AINDA QUE O TIVERA ALEGADO E CORRECTAMENTE XUSTIFICADO.
INFORMACIÓN XERAL PROCESO DE ADMISIÓN
CALENDARIO PREVISTO PARA O PROCESO ADMISIÓN
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA 4º E.I. (VACANTES)
44 prazas.
6 prazas para alumando con necesidades específicas de apoio educativo, no caso de non cubrirse sumaranse ás 44 prazas anteriores.
CADRO DE PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CURO 2019-2020
MAPA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
CRITERIO COMPLEMENTARIO PROCESO DE ADMISIÓN
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN
A solicitude deberá vir asinada por un dos dous proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio, aportando a resolución xudicial, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles.
A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.
Soamente se pode presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, no caso de presentar máis dunha solicitude perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que presente solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
AVISO IMPORTANTE
Novo formulario admisión
NOTA INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Horario de secretaría para a entrega de solicitudes:
De luns a venres de 09:00h a 13:50.
SERVIZOS COS QUE CONTA O CENTRO
Servizo de madrugadores. Servizo prestado pola ANPA Bidueiro. A partir das 7:30 da mañá ata as 9:00
Servizo de comedor. Servizo prestado pola ANPA Bidueiro.
Servizo de actividades extraescolares: Servizo prestado pola ANPA Bidueiro con horario de 16:00h a 18:00h. de luns a venres.
Transporte Escolar: Prestado pola Xunta
ANPA BIDUEIRO
Para poder usar os servizos cos que conta a ANPA BIDUEIRO é preciso ser socios da mesma.
Para acceder á páxina web da ANPA BIDUEIRO picar AQUÍ
Teléfono: 630837219 – 981 648 501
Correo electrónico: info@anpabidueiro.es
Horario de atención na oficina:
- Luns e mércores de 09:00 a 10:00
- Martes a venres de 17:00 a 18:00
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020
O próximo 1 de marzo comeza o proceso de admisión para aqueles alumnos/as que comezan o 2º ciclo de infantil, ou para aqueles que queren cambiar de centro.
Os alumnos/as que xa están matriculados no centro e que vaian a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro docente.
Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións.
Só se poderá presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.
NON será posible, unha vez entregada a solicitude, modificar os centros relacionados nin a súa orde.
O horario de secretaia do noso centro é de 09:00h a 13:50h. de luns a venres.
A normativa que rexe este procedemento é a seguinte:
Instruccións para o proceso de admisión de xefatura territorial
Instruccións da dirección xeral de centros e recursos humanos sobre o proceso de admisión
Para máis INFO pica AQUÍ
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Para as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as o próximo curso no Centro, faremos unha xornada de portas abertas o vindeiro MÉRCORES, 20 DE FEBREIRO ÁS 16:15 para amosarlles o Colexio e as súas instalacións, así como os servizos que prestan o Centro e a ANPA.
RESERVA DE PRAZA PARA O IES MARÍA CASARES
O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal está adscrito ao IES María Casares de Bastiagueiro.
As familias poderán cumprimentar a solicitude de reserva de xeito manual, como en cursos anteriores e devolvelas ao Centro. Este ano, ao igual que o pasado curso, poden facer a reserva tamén a través da aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, no menú:
Solicitudes - Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva
O prazo para facer a reserva de praza é do 1 ao 15 de febreiro.
No caso de querer cursar a ESO noutro IES distinto ao IES María Casares, presentará a solicitude de admisión no Instituto da súa elección.