Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Solicitudes

SOLICITUDE TRANSPORTE

IMPORTANTE!

Todos os correos recibidos recibirán contestación. De non recibir a resposta por parte do centro de que está lido, nun prazo coherente, volver a intentar envialo. É a forma de asegurarnos unha correcta comunicación.

 

Estimadas familias:

Este ano, a solicitude de transporte farase de xeito distinto por mor das circunstacias especias que estamos a vivir.

Teredes que descargar o pdf que se adxunta a esta publicación, cubrilo correctamente para que logo non haxa errores nas listas, e reenvialo ao correo do centro especificando TRANSPORTE no asunto do email.

Haberá dous formularios, un destinado ao alumnado que ten dereito ao uso deste servizo, que  seguindo  a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes establece:

Artigo 6. Acceso a servizos complementarios

1. O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia delimitadas polas xefaturas territoriais, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.

2. Excepcionalmente, terán dereito aos servizos complementarios as irmás e os irmáns do alumnado xa escolarizado no centro con carácter forzoso.

e outro formulario para o alumnado ao que non ten dereito e solicita o uso excepcional do servizo.

Rogamos cubran correctamente a solicitude, unha para cada alumno/a.

O prazo para o envio da solicitude é ata o venres 12 de xuño.

INSTRUCCIÓNS SOLICITUDE

SOLICITUDE TRANSPORTE CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE SEN DEREITO

 

Distribuir contido