Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Educación Primaria

Unha paisaxe, por Anxo Balado.

Unha paisaxe, por Anxo Balado.

 

DESCRICIÓN DESTA PAISAXE VISTA DESDE FÓRA

Desde a montaña máis alta, situada no primeiro plano, vese un val cun río que se atopa entre dúas montañas. Ao lonxe, moi ao fondo, unha extensa nube cobre parte do río e dá lugar a unha pequena treboada. A escasa vexetación que medra nas ladeiras das montañas dálle unha cor verde amarelada á fermosa paisaxe montañosa.

DESCRICIÓN DESA MESMA PAISAXE VISTA DESDE ARRIBA

Desde unha altura aproximada de 950 metros pódese ver un fermoso río azulado situado nun val entre unhas verdes montañas. Ao lonxe, no nacemento do río, unha gran nube cobre parte del. A escasa vexetación dálle unha fermosa cor que, mesturada co azul do rio, a converte nunha paisaxe moi especial.

ANXO BALADO CANDAL (6º B de EP)

 

Os Cadernos de Bitácora de 3ºB.

O enderezo do Caderno de Bitácora de 3ºB é o seguinte:

http://www.gustanosocole.blogspot.com

Caderno de Bitácora de 3ºA.

O enderezo do Caderno de Bitácora de 3º A é o seguinte:

http://www.osnenosqueaprenden.blogspot.com

Debuxos dos alumnos feitos no ordenador.

Estos debuxos están feitos polos alumnos no ordenador co programa Paint.

Esperamos que vos gusten.

 

 

 

 

O meu lugar preferido para vivir.

María

 

O LUGAR PERFECTO PARA VIVIR.

 

Este é para min o lugar perfecto para vivir, é unha paisaxe montañosa aínda que preto do mar, a miña casa atópase nun val que hai nunha serra polo que discorre un río que desemboca no mar, dese río eu podo extraer auga para beber, lavar a roupa, cociñar, … por esta auga é potable.

Tamén hai moitas árbores das que podo recoller froitos coma mazás ou peras. Como en realidade vivo nunha serra os veciños do val do lado danme o que eles cultivan a cambio do leite das miñas vacas e tendo todo isto podo sobrevivir en perfectas condicións.

A miña casa é de madeira e a construín eu mesma, está xusto ao lado do río polo que dende alí gózase dun son moi agradable.

 

Este é o meu lugar perfecto para vivir.

Blogue de 6ºB

O alumnado de 6ºB ten un blogue coordinado pola súa titora.

Non perdades a oportunidade de velo, é un traballo moi interesante.

A dirección é:

http://sexto-b-aprende.blogspot.com

ou ben podes acceder picando na imaxe do blogue.

 

Día da Paz 2011

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O castelo de Santa Cruz

 

DESCRICIÓN DO CASTELO DE SANTA CRUZ E DA SÚA ILLA.

 EMMA ARIAS RAPOSO.

Vistos desde a varanda do Paseo da Pardela

Cando camiño polo paseo de Santa Cruz sempre me paro a observar o Castelo, coa súa longa e elegante ponte.

No primeiro plano, podo ver as matogueiras que están situadas ao lado da enorme porta, e tamén os seus grosos muros de pedra.

No segundo, vense as ameas dos muros e máis algunhas árbores agochadas tras deles. Ademais, os paxaros que aniñan alí póusanse sobre un mirador situado no alto.

Ao fondo, vense tamén as súas formidables torres e, sobre todo, resalta a torre da homenaxe, que se alza forte e esvelta.

ANXO BALADO CANDAL.

Vistos desde o alto

Desde unha altura aproximada de 900 m por riba del, podemos ver a espesa arboreda que o rodea e a nova ponte que conecta a illa _cando está a marea baixa, non é unha illa_ co peirao de Santa Cruz.

As pedras de cor grisácea coas que construíron o castelo, o verde das árbores, e a cor azulada do mar que rodea a illa, converten o castelo nunha zona espléndida para ir ata el.

HELENA GONZÁLEZ-CARRERÓ ACOSTA.

Vistos desde a praia

Desde a praia de Santa Cruz, pódese ver o mar, grande e extenso, de cor azul verdosa, e con pequenos barquiños flotando.

Nun illote, unido ao Paseo da Pardela por unha  ponte de madeira, está o castelo, coas súas grosas paredes e torres de rocha. Rodeado de árbores por case todas as partes, dálle un aspecto moi especial á praia do Porto de Santa Cruz.

IRENE MACÍAS TARRÍO.

            Vou describir o castelo de Santa Cruz visto dende a praia:

            No primeiro plano, á esquerda, encontrámonos coas rochas, as algas e as pedras da praia. Á dereita, un peirao con barcos amarrados. No medio, unha ampla ponte de madeira que conecta o castelo co pobo de Santa Cruz, e á súa dereita, o castelo coas súas vexetación, murallas e torres. Por último, ao fondo e á esquerda, un extenso bosque con diferentes tipos de árbores, e moi, moi ao lonxe, á dereita, pódese divisar a cidade da Coruña.

 

As actividades das nosas clases.

Neste apartado podedes ver algunhas das actividades que se están a realizar nas diferentes clases de Educación Primaria.

Distribuir contido