Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
venres 5
Moi bos días xentiña:
Hoxe é o día Mundial do Medio Ambente, como xa vos comentamos o luns desta semana. Pensamos que é moi necesario concienciar ambientalmente ás crianzas, darlles información pormenorizada e contextualizada tamén no seu entorno inmediato. Vos achegamos unha proposta de actividades baseadas no espazo protexido e declarado Monumento Natural de Dexo. Alí hai unha serie de especies animais e vexetais vulnerables, endémicas e protexidas; o que fai tomar conciencia da importancia de conservar toda esa riqueza e contribuir á súa protección e respecto.
Esperamos que vos guste a nenas e nenos, tamén a adultas ou maiores; é unha labor de recopilación de información minuciosa e intensiva. A maiores elaboramos unha pequena guía ou manual para aquelas/les que queiran explorar a natureza e investigar os achádegos que van deixando os seres que habitan nos entornos menos humanizados. Boa fin de semana e lembrade que estamos aquí por se necesitades resolver calquera cuestión ao noso alcance.
Unha aperta grande para todas!
Deica loguiño...
En liña:
https://es.liveworksheets.com/in765704cj
Pdf:
https://drive.google.com/file/d/1yYZUf51jhrguOLY1DU4ypPZAFhRgIdrt/view?usp=sharing
Solución ao encrucillado:
https://drive.google.com/file/d/1eXsH_xDNqEs4saF2AqNJ4HD49kRWaAMz/view?usp=sharing
Mini manual da pequena e pequeno naturalista de 2º:
https://drive.google.com/file/d/122y7mC6i1c2cnXycTfCZkoNW89J-Wt_0/view?usp=sharing
E ti quen ves sendo? (obradoiro do MHN de Compostela):
https://drive.google.com/file/d/1Ck391kBu8YWFsEpg3FfgLhjGPb8nN4_1/view?usp=sharing