Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Podedes entregalo ata o 30 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO

INSTRUCIÓN DE TRANSPORTE ESCOLAR

AdxuntoTamaño
Instrucion_1-2023_de_transporte_de_escolares.pdf301.66 KB
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO.pdf107.29 KB
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO.pdf107.24 KB