Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: IES MARIA CASARES

Estimadas familias:

Seguindo a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, no caso do noso centro o IES MARÍA CASARES, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (o noso centro) ou preferiblemente a través da aplicación “ admisionalumnado” ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A), xunto co anexo bis 1 firmado por todos os membros da unidade familiar.

 

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Aconsellamos descargalo da páxina web e traer todo ao centro correctamente cuberto para evitar aglomeracións innecesarias.

LEXISLACIÓN RELACIONADA

  • DECRETO 13/2022,do 3 de febreiro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio , de educación.
  • ORDEN do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio , de educación.