Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.
As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- Normativa de aplicación
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
- DECRETO 13/2022, do 3 de febrerio, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.