Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PROBLEMÁTICA SUBSTITUCIÓN CONSERXE

Estimadas familias,

 

Informamos dende o centro, que debido á baixa do conserxe e a súa suplencia con persoal que non cubre todas as súas funcións, o día 10 de marzo non funcionou a calefacción por falta de revisión e control da mesma. Igualmente hai outras tarefas que non se veñen desenvolvendo por falta de coñecementos por parte da persoa substituta.
Solicitamos en diversas ocasións, dende anos anteriores, ao Concello de Oleiros, que cubrisen as ausencias ou permisos do conserxe con persoal cualificado para desenvolver todas as súas competencias sen ter aínda a resposta axeitada.

 

Esta mensaxe foi enviada tamén ao Concello de Oleiros para subsanar esta situación coa maior brevidade posible.

 

Un saúdo