Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

MÁSCARAS ALUMNADO

Benqueridas familias:

Acaba de sair a Orde que regula os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, ou ben que fose beneficiario de axudas para material escolar.

O procedemento para a saolicitude será o seguinte:

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, que será beneficiario directo.

Adxuntamos a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Orde do 28 de outubro de 2021

Formulario a cubrir para a solicitude

AdxuntoTamaño
FORMULARIO MÁSCARAS.pdf1.16 MB
NOMATIVA MÁSCARAS.pdf747.25 KB