Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 11 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

SOLICITUDE TRANSPORTE CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE SEN DEREITO

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO.pdf193.64 KB
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO.pdf193.68 KB