Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

MÁSCARAS

Bo día:

Dende hoxe está dispoñible na secretaría do centro o listado de admitidos e non admitidos para a distribución de máscaras.

Seguindo o Artigo 13. da Orde do 9 de novembro, en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

3. Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O alumnado que xa ten dereito ás máscaras por ser beneficiario da axuda de material, recibirán as máscaras ao longo de esta semana.

Un saúdo

Liáns, Santaia, 30 de novembro de 2020