Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

AXUDA MÁSCARAS ALUMNADO

Bo día familias:

O pasado vernres saiu a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Lembrade que para calquera xestión no centro é imprescindible CITA PREVIA que podedes solicitar a través do noso correo electrónico ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal ou teléfono 881.880.802

Podedes descargar a orde picando AQUÍ

Podedes descargar o formulario de solicitude AQUÍ

Recordade que:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

É moi importante que no momento de traer a solicitude ao centro estea perfectamente cuberta e se adxunten todos os documentos necesarios que reflicte a orde, para non ter que volver a dar outra cita.

Ao alumnado de infantil non está incluído como beneficiario en esta orde.

                                                                       15/11/20

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf608.65 KB
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf136.44 KB