Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

ACTIVIDADES DE REFORZO E RECUPERACIÓN 4º B

Estimadas familias:

Comunícome con vós/as pola delicadeza da situación que estamos a vivir.

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Recolle no punto 6.2 “Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñaránse actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas, promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das distintas áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa posible.”

Actividades que son colgadas na páxina web do centro no curso de 4º E.P

Tal e como indica no punto 7.3 A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado”

Faise necesario que aporten material, actividades, traballo da/das materias suspensas para poder avaliar neste trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

É moi importante que envien as actividades feitas da páxina web ao correo do centro: ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal Escribide o nome do alumno/a.

Á espera de que manden novas instrucións para a titorización do alumnado.

Grazas pola vosa colaboración.

Xefatura de Estudos.