Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O castelo de Santa Cruz

 

DESCRICIÓN DO CASTELO DE SANTA CRUZ E DA SÚA ILLA.

 EMMA ARIAS RAPOSO.

Vistos desde a varanda do Paseo da Pardela

Cando camiño polo paseo de Santa Cruz sempre me paro a observar o Castelo, coa súa longa e elegante ponte.

No primeiro plano, podo ver as matogueiras que están situadas ao lado da enorme porta, e tamén os seus grosos muros de pedra.

No segundo, vense as ameas dos muros e máis algunhas árbores agochadas tras deles. Ademais, os paxaros que aniñan alí póusanse sobre un mirador situado no alto.

Ao fondo, vense tamén as súas formidables torres e, sobre todo, resalta a torre da homenaxe, que se alza forte e esvelta.

ANXO BALADO CANDAL.

Vistos desde o alto

Desde unha altura aproximada de 900 m por riba del, podemos ver a espesa arboreda que o rodea e a nova ponte que conecta a illa _cando está a marea baixa, non é unha illa_ co peirao de Santa Cruz.

As pedras de cor grisácea coas que construíron o castelo, o verde das árbores, e a cor azulada do mar que rodea a illa, converten o castelo nunha zona espléndida para ir ata el.

HELENA GONZÁLEZ-CARRERÓ ACOSTA.

Vistos desde a praia

Desde a praia de Santa Cruz, pódese ver o mar, grande e extenso, de cor azul verdosa, e con pequenos barquiños flotando.

Nun illote, unido ao Paseo da Pardela por unha  ponte de madeira, está o castelo, coas súas grosas paredes e torres de rocha. Rodeado de árbores por case todas as partes, dálle un aspecto moi especial á praia do Porto de Santa Cruz.

IRENE MACÍAS TARRÍO.

            Vou describir o castelo de Santa Cruz visto dende a praia:

            No primeiro plano, á esquerda, encontrámonos coas rochas, as algas e as pedras da praia. Á dereita, un peirao con barcos amarrados. No medio, unha ampla ponte de madeira que conecta o castelo co pobo de Santa Cruz, e á súa dereita, o castelo coas súas vexetación, murallas e torres. Por último, ao fondo e á esquerda, un extenso bosque con diferentes tipos de árbores, e moi, moi ao lonxe, á dereita, pódese divisar a cidade da Coruña.