Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

BOLETÍNS 2º AVALIACIÓN

Seguindo as INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE, nas que se expresa que "a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril. 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data", queremos destacar que:

A avaliación do segundo trimestre terá en conta só o traballo desenvolvido ata o día no que se declarou o estado de alarma.

Debido ás especiais circunstacias que estamos a vivir, as calificacións deste segundo trimestre serán enviadas a través do programa ABALAR MÓVIL.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha  tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos  seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise desde  Apple  store (se o sistema operativo é  IOS) ou desde Play  Store (se o sistema operativo é Android).

 
 

As familias que descarguen  abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar e xustificar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de  conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación  abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de se mesmos.

Están ao dispor das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar desde o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación  abalarMóbil.

A mensaxería de  abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como  iOS.

Manual para os responsables

Manual familias

 

AdxuntoTamaño
abalarmobil_mensaxeria.pdf237.26 KB
guia-mobil-familias-castellano.pdf1.74 MB