Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades.


O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro de 2021.


Máis información:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2021.html#dg1

Benvidos ao novo curso 21-22

 

Bo día familias:

O día 9 comezamos un novo curso cheo de ganas e ilusión.

Deixámosvos AQUÍ unha presentación coa información sobre o COVID para este curso.

Tamén o enlace a protocolo elaborado pola xunta. AQUÍ

En esta semana colgaremos tamén as listaxes de material e outra información de interese.

 

VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Benqueridas familias:

Recordamos que mañá estarán os listados definitivos de fondo libros dispoñibles para a súa consulta na secretaría do centro. Tendo en conta a LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS, non será dada información ao respecto por teléfono.

Será a partir do luns cando estean dispoñibles os vales para libros e material escolar para os/as que resultaran beneficiarios dos mesmos.

Poderán recollerse na secretaría do centro do 12 ao 16 de xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas.

Os que non sexan recollidos nesa semana serán xa recollidos a 1 de setembro.

Gracias pola vosa colaboración

Liáns, Santaia, 8 de xullo de 2021

LISTADO PROVISIONAL TRANSPORTE ESCOLAR

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os listados provisionais de transporte escolar para o vindeiro curso 21/22. Tendes ata o luns 12 de xullo ás 12:00 horas para formular, de ser o caso, reclamacións a esta listaxe provisional que serán resoltas no consello escolar do día 13 de xullo.

Seguindo a lei de protección de datos, non se dará información por via telefónica.

Liáns, Santaia, 6 de xullo de 2021

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO 6º EP

Os pais/nais ou titores legais do alumnado de 6º de primaria poden pasar pola secretaría do centro a recoller os historiais académicos do 28 de xuño ao 2 de xullo con cita previa.

Gracias pola vosa colaboración

Sta Cruz, 26 de xuño de 2021

MATRÍCULA CURSO 23/24

Lembrámoslles que o periodo de formalización de matrícula vai do 20 ao  30 de xuño. Este procedemento faise de forma presencial na secretaría do centro.

Grazas pola vosa colaboración

PRESENTACIÓN ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN

 

Benqueridas familias:

Deixámosvos unha pesentación para o alumnado de nova incorporación ao centro  para o vindeiro curso 23/24 para que coñezades un pouco o funcionamento do noso centro. Pica AQUI.

Gracias!!

 

LIBROS DE TEXTO 23-24

 

Aquí vos deixamos o listado para o vindeiro curso, podedes descargalo picando no curso correspondente. 

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

SOLICITUDE DE TRANSPORTE

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 11 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

SOLICITUDE TRANSPORTE CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE SEN DEREITO

Distribuir contido