Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

SOLICITUDE CAMBIO OPTATIVA

Benqueridas familias:

Ata o vindeiro 10 de xuño podedes solicitar o cambio de optativa (Relixión/valores) para o vindeiro curso.

Para iso, deberedes cubrir o formulario correspondente marcando a nova opción elexida e envialo por correo electrónico a ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto "CAMBIO DE OPTATIVA" ou ben entregalo de forma presencial na secretaría do centro.

Podedes descargar o formulario AQUÍ.

Gracias pola vosa colaboración

RENUNCIA Á PRAZA

Benqueridas familias:

No caso de que o seu fillo/a obtivera praza noutro Centro, pregámoslle que o comunique o máis axiña posibleco fin de non perxudicar a outros posibles alumnos/as.

Para elo, debe enviar cuberto ao correo do centro ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal o formulario que pode descargar picando AQUÍ.

Moitas gracias pola vosa colaboración

FONDO LIBROS

 

Benqueridas familias.

Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén podedes presentalo na secretaría do centro traendo cubertos os seguintes documentos:

ANEXO 1

ANEXO 2

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 18/05/2022 e rematará o día 22/06/2022 (este incluído).

CONVOCATORIA DE BECAS

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS DA RECENTE PUBLICACIÓN NO  BOE  DA CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

DEIXAMOS AQUÍ O ENLACE.

file:///C:/Users/Usuario/Desktop/LOLI/direcci%C3%B3n/Becas%20NEE.pdf

 

LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Dende hoxe pódense consultar as listaxes definitivas de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso 22-23 na secretaría do centro do centro, ou ben, as persoas que realizaron a solicitude dende a chave 365 entrando na propia aplicación.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación.

Non se van dar información via telefónica nin por e mail sobre as listaxes de admitidos/as nin de non admitidos. Todos estos son datos de carácter persoal suxeitos á protección de datos, por tanto, tampouco está permitido sacar fotografías da listaxe, se alguén o fai será o responsable de dito feito.

Ao non haber reclamacións, non houbo modificacións respecto á listaxe provisional.

A formalización da matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño e daranse as indicacións oportunas unha vez nos aproximemos á data.

13-5-22

ESCOLA DE FAMILIAS: TECNOLOXÍA, CONVIVENCIA E ADICCIÓNS

Estimadas familias,

Anunciamos a charla de Escola de familias que organiza o Centro de Formación e Recursos da Coruña sobre "Tecnoloxía, convivencia e adiccións" por se é do voso interese.

 

Un saúdo.

ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para 6º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles. 

Prazo de presentación: Do 24 de marzo de 2022 ao 6 de abril de 2022. (Non se recollerán documentos antes da data prevista nin despois, tampouco por e mail). 

NOVAS SOBRE O USO DAS MÁSCARAS

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

NORABOA!!!!!!!!!!!!!!

DENDE O EQUIPO DIRECTIVO E O CLAUSTRO DE MESTRES/AS, QUEREMOS DAR A NORABOA, OS ALUMNOS/AS QUE FORMAN O EQUIPO DOS LIMPAMUNDOS E A MESTRA ALICIA TOJEIRO, QUE VEÑEN DE RECIBIR, ESTA SEMANA, O PREMIO POLA CREATIVIDADE DEMOSTRADA NA CREACIÓN DE XOGOS.

ÁNIMO E TODOS A XOGAR E DESFRUTAR PARA SEGUIR APRENDENDO.

Distribuir contido