Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

CONVOCATORIA DE AXUDAS ALUMNADO NEAE

Informamos ás familias da recente publicación no BOE da convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será do 8 de maio ao 20 de setembro, ambos inclusive.

Para máis información, pódese consultar o BOE do 26 de abril de 2023 e a web do Ministerio de Educación.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2023-2024

Dende hoxe xa están publicadas as listaxes provisionais de admisión para o curso 2023/24.

Seguindo a orde correspondente, só poderán ser revisadas a través da aplicación de admisión alumnado para aquelas familias que fixeron o trámite vía online, ou ben de forma presencial na secretaría do centro.

Non se dirá ningunha información por vía telefónica para non incumprir a norma.

Poderase formular reclamacións a estas listaxes no prazo de 5 días hábiles contados a partir de mañá ante o consello escolar.

25/4/23

ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para  1ºe 2º  de educación primaria deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles.( no caso de non tela presentado con anterioridade).

Prazo de presentación: Do 21 de marzo de 2023 ao 3 de abril de 2023. (Non se recollerán documentos  por e mail). 

ADMISIÓN CURSO 23/24

O prazo para o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023/24:

Do 1 ao 20 de Marzo.

Para maior información ver o apartado de Secretaría> Admisión

ADMISIÓN 2023-2024

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso. 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

DOCUMENTOS ADMISIÓN

  

FORMULARIO ADMISIÓN CASTELÁN

FORMULARIO ADMISIÓN GALEGO                   

ADMISIÓN IES MARIA CASARES

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritosinformamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES María Casares para o curso escolar 2023-2024 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

 

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicasa listaxe definitiva do alumnado con posto reservado estará exposta no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición.

Distribuir contido