Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Novas

ABALAR MÓBIL IMPORTANTE

Bo día familias:

Todavía hai familias que non teñen descargada a aplicación de ABALAR MÓBIL. Este curso será o medio polo que nos comunicaremos coas familias, polo que é de suma importancia que contedes coa aplicación.

Deixámosvos co anuncio publicado xa antes do comezo de curso:

Queremos informarvos que a partir do vindeiro día 10 de setembro, co comezo do novo curso, cambiaremos o medio de comunicación entre o centro e familias, comenzando a utilizar ABALAR MÓBIL, aplicación coa que xa no curso pasado recibíchedes as calificacións do alumnado.

Esta decisión foi aprobada no último claustro e consello escolar do curso 19/20.

Este ano é de especial importancia ter os teléfonos actualizados e operativos, así que ás familias que cambiaran de número de teléfono deben comunicalo á secretaría do centro para que sexa modificado o antes posible.

Deixamos o manual para familias da citada aplicación con todos os pasos a seguir.

GUÍA ABALAR MÓBIL FAMILIAS

AVISO IMPORTANTE REUNIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL

Queridas familias:

Por orde de inspección e seguindo as instruccións da consellería de sanidade, as reunións previstas para o vindeiro luns sufren modificacións quedando do seguinte xeito:

4º EDUCACIÓN INFANTIL A

LUNS 7 DE SETEMBRO

  • 1º QUENDA: 09:00
  • 2º QUENDA: 10:30
  • 3º QUENDA: 12:30

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL B

MARTES 8 DE SETEMBRO

  • 1º QUENDA: 09:00
  • 2º QUENDA: 10:30
  • 3º QUENDA: 12:30

Recordamos que só poderá acudir unha persoa por cada alumno/a, para non superar os aforos permitidos. Será obrigatorio o uso de mascarilla.

TERÁN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 1H PARA NA MEDIA HORA RESTANTE PODER PROCEDER Á DESINFECCIÓN DA AULA.

ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS INNECESARIAS.

Ao longo de hoxe recibirán unha chamada por parte da dirección do centro para saber a que grupo pertencen cada neno/a xa que por protección de datos nos podemos facer públicas estas listaxes.

Un saúdo

04 de Agosto de 2020

 

CUESTIONARIO TECNOLOXÍAS ALUMNADO


De cara a mellorar a comunicación, solventar posibles dificultades e na medida do posible, mellorar a nosa interacción co alumnado de cara ao terceiro trimestre, a nivel de centro é imprescindible responder ás seguintes cuestións.

(Só deberán respostar a estas preguntas as familias ás que non lles funcione correctamente o Tokapp e non poidan respostar ás respectivas titoras,  enviado as respostas a dirección de correo do centro ceip.isidro.parga@edu.xunta.es sinalando o nome do alumno/a.)

1-O alumnado dispón de Tablet, ordeador para o seu uso persoal?


2-Podédes acceder ao contido/actividades que están sendo pautados e enviados polos titores/as?


3-Tedes acceso a internet?


4-Tedes impresora na casa?


5-Considerades que é pouca ou moita tarefa? Ou está ben?


6-¿Qué contidos vos están resultando máis doados ou difíciles de traballar?





BOLETÍNS 2º AVALIACIÓN

Seguindo as INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE, nas que se expresa que "a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril. 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data", queremos destacar que:

A avaliación do segundo trimestre terá en conta só o traballo desenvolvido ata o día no que se declarou o estado de alarma.

Debido ás especiais circunstacias que estamos a vivir, as calificacións deste segundo trimestre serán enviadas a través do programa ABALAR MÓVIL.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha  tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos  seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise desde  Apple  store (se o sistema operativo é  IOS) ou desde Play  Store (se o sistema operativo é Android).

 
 

As familias que descarguen  abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar e xustificar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de  conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación  abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de se mesmos.

Están ao dispor das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar desde o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación  abalarMóbil.

A mensaxería de  abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como  iOS.

Manual para os responsables

Manual familias

 

APRENDEMOS NA CASA

Para facilitar o traballo dende casa dos máis cativos, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan "Aprendemos en casa".

Nota de prensa

AVES CHEAS DE SOÑOS

O origami é unha arte milenaria que se basea en facer obxectos con papel. Conta unha lenda que a primeira grúa que se deseñou foi nos anos corenta mentres se desenvolvía a guerra de Hiroshima que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento, unha nena chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel xa que se conseguía chegar a facer 1000 podería pedir un desexo. O desexo de Sadako era curarse e que finalizase a guerra. O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal quixo conmemorar o Día da paz enchendo o centro de grúas.

Os nenos/as de 5º e 6º de primaria, acompañados pola súa mestra Alba foron contando a historia de Sadako pot todas as aulas e axudando aos compañeiras/os a facer a súa grúa.O resultado foi una total implicación tanto do alumnado como do profesorado chegando a facer 1450 grúas de papel!

Todo o centro foi decorado con grúas cargadas de desexos...

Pero a historia non remata ahí...

Saiu unha noticia no Blogue da Aula Hospitalaria, Materno Infantil coa idea de visibilizar unha realidade que vense incrementando cada ano, o cancro infantil. Por iso, o 15 de Febreiro querían encher de grúas con mensaxe de alento e positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a Aula Hospitalaria de Hopsital Materno Infantil de A Coruña.

E así foi como as nosas grúas voaron...

Esperamos que os vosos desexos se cumpran.

ÁNIMO AMIGOS/AS

Distribuir contido