Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Novos Obradoiros Familias Inquedas- Concello de Oleiros

Dende o Programa Familias Inquedas da concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros vanse realizar dous novos obradoiros:

 

§  Educa Bonito: dirixido a familias con fillos e fillas de 0 a 10 anos

 

§  Acompañando na adolescencia: dirixido a familias con fillas e fillos de 11 a 17 anos

 

Para máis información pica aquí

Publicación listaxes provisionais admisión 2024-25

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admisión para o curso 2024/25

Seguindo a orde correspondente, só poderán ser revisadas a través da aplicación de admisión alumnado para aquelas familias que fixeron o trámite vía online, ou ben de forma presencial na Secretaría do centro.

Non se dirá ningunha información por vía telefónica para non incumprir a norma.

Poderase formular reclamacións a estas listaxes no prazo de 5 días hábiles contados a partir de hoxe ante o Consello Escolar.

26/4/24

Resolución definitiva becas de necesidades de apoyo educativo (NEAE)23-24

Xa saiu publicada no día de hoxe a resolución definitiva da convocatoria de becas NEAE 2023/24. Comeza o prazo para solicitar recurso de reposición ata o 9 de maio de 2024.

Cartel resolución definitiva

A presentación do recurso pode ser:

- De xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

Impreso de recurso de reposición

- De Xeito telemático: 

https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)

DESTINATARIO:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS.SECCION DE BOLSAS

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

  • ADVERTIMOS QUE OS RECURSOS REMITIDOS A TRAVES DO CORREO ELECTRÓNICO NON SON VÁLIDOS.

  • O PRAZO DE PRESENTACION E ATA O 9 DE MAIO DE 2024.

  • XA SE LLES NOTIFICOU AOS SOLICITANTES, DE XEITO INDIVIDUAL, A RESOLUCIÓN.

 

ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN 24-25

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para  5º  de educación infantil deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles.( no caso de non tela presentado con anterioridade).

Prazo de presentación: Do 21 de marzo de 2023 ao 5 de abril de 2024. (Non se recollerán documentos  por e mail).

 

Admisión Curso 24/25

O prazo para o proceso de admisión para o vindeiro curso 2024/25:

Do 1 ao 20 de Marzo.

Para maior información ver o apartado de Secretaría> Admisión

 

Admisión IES María Casares

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal e CEIP Luís Seoane), informamos que os postos dispoñibles en 1º de ESO no IES María Casares para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado está exposta no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición.

Tamén se pode consultar a información de forma telemática a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave 365 ou certificado dixital. 

Axudas Comedor

No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello está publicada a “Proposta de concesión e desestimación de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024” na seguinte ligazón: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#.  O prazo para realizar alegacións vai dende o día 09/02/2024 ata o 23/02/2024.

Reserva de praza en centros de adscrición (IES María Casares) Curso 2024-25

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Solicitudes:

Os modelos ED550A estará disponible na aplicación admisiónalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no noso centro.

Forma de presentación:

·        As solicitudes (ED550A)(Anexo I e anexo I-bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

·        Ou presencialmente na Secretaría do noso centro.

Documentación a presentar

·      Solicitude de reserva (ED550A) Anexo I e anexo I-bis)

·      Libro de familia

·      Outra documentación, que de ser o caso, fose precisa (sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,…)

Normativa de aplicación

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN GALEGO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN CASTELÁN

MANUAL PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS

Distribuir contido