DÍA DE ROSALÍA - 4 ANOS

   
CELEBRACIÓN: "DÍA DE ROSALÍA"  

O martes 24 de febreiro celebramos "O DÍA DE ROSALÍA".

Durante esta semana, os alumnos de educación infantil aprendimos que era unha escritora galega chamada ROSALÍA DE CASTRO e que lle gustaba escribir poesías sobre o seu contorno e a súa terra Galicia. Tamén nos contaron que escribiu tantas, que formaban parte de libros moi importantes e coñecidos, como: CANTARES GALLEGOS, FOLLAS NOVAS ....

                  

 

 Algunhas poesías son tan emotivas que ata un músico, que se chama Amancio Prada, compuxo a melodía para poder recitalas como se fosen cancións. Na clase escoitamos unha delas que se titula: "Adiós ríos, adiós fontes" e vimos un vídeo con imaxes relacionadas co poema.

 

 

 

Logo, os nenos de catro anos fixemos un debuxo sobre o lugar onde vivía Rosalía: a súa casa, a súa horta, as árbores..., escribimos o seu nome e pegamos a súa foto. Así, sempre a recordaremos!

 

 

 

Ademais a mestra aprendeunos outra poesía que se titula "Canta...!" e trata dun paxariño que enche todo de ledicia co seu trino. Despois de recitala realizamos unha activide plástica, decoramos o paxaro e pegamos un rótulo co nome da autora. 

 

 

 

 O martes 24, día da celebración, saímos todos ao patio e escoitamos a un grupo de nenos maiores recitando o primeiro poema a ritmo de rap, parecía bastante divertido! A continuación cantamos todos a versión de Amancio Prada. 

Para rematar o acto, cada curso colocou unha flor feita con anacos de papel no corredor do edificio de Primaria para completar o mural "unha flor para Rosalía".

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 4 ANOS

Powered by Drupal - Design by artinet