Cada ano, o 24 de febreiro, celébrase oDÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Este curso a homenaxe que lle facemos á escritora no colexio Isaac Peral, leva por título"FLORES PARA ROSALÍA": flores por poemas.
Atopamos a inspiración nos traballos doutra muller, tamén escritora e ilustradora:Violeta Monreal.
Intentando imitar a creatividade de Violeta, resgamos papeis de regalo, - case todos dos regalos recibidos polo Nadal; dásenos moi ben reciclar -.
Cos anaquiños resgados fixemos xirasoles. Xuntándoos todos forman un xardín moi "variopinto". Van Gogh quedaría case impresionado... Rosalía tan romántica...
ALGUNHAS IMAXES DO PROCEDIMENTO: resgar, compoñer, pegar, firmar..., admirar os resultados!
Premer para ampliar as fotos
Resultado "artístico" dos nenos e nenas de 5 anos A.