ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE (3 anos)

 

 

 Ao longo deste curso levase a cabo  un Programa de Estimulación da Linguaxe oral na etapa de Educación Infantil (4º,5º e 6º nivel).  Gracias ao mesmo podemos detectar dificultades relacionadas coa linguaxe oral/comunicación e previr a súa aparición a través da estimulación.

 


. Ao longo desta pequena noticia queríamos compartir con tódolos/as pais/nais algunhas das actividades que se levan a cabo durante unha sesión cos máis pequenos/as do cole (3 anos b). Durante o desenvolvemento desta sesión, traballamos, en concreto, aspectos como: praxias bucofacias (movementos da lingua, beizos...), sopro e discriminación fonética. 

Estes son elementos imprescindibles para a correcta producción/comprensión da linguaxe oral.

 _ Comezamos divertíndonos escoitando un conto da “señora lingua”, xa que esta vive aventuras de todo tipo e obriga a través das súas historias ós nenos/as a facer praxias bucofacias (movementos da lingua, beizos, maxilares...) mentres disfrutan. 

     

 

. Máis tarde trabállase o sopro. Para esto os nenos/as deberán mover a pelota a través dunha maqueta dun só soprido. Aquí podedes ver algún exemplo:

 

        

                       

. Finalmente traballamos a discriminación fonética de pares de palabras (ex: ponte/fonte...).

_ Durante esta actividade os pícaros/as teñen que estar atentos e discriminar cal é a palabra que eu pronuncio xa que ambas son moi parecidas e segundo cal sexa a que diga terán que sentarse ou levantarse do chan.

 

                    

.Como podedes ver a medida que xogan os nenos/as están adquirindo diferentes habilidades que van a favorecer a comprensión/producción linguaxe oral. Destacar que estas actividades son un pequeno exemplo de todo o que facemos durante o programa, posto que este abarca moitos máis aspectos.

 

 

ESPEREMOS QUE VOS GUSTASE...

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE (3 anos)

Powered by Drupal - Design by artinet