PROXECTO PECIÑOS

     
   PROXECTO PECIÑOS"UN PASO ADIANTE"  
 

Durante o mes de maio, o noso centro participou no proxecto "Peciños: Un paso adiante", proxecto da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM) galardonado co premio solidario do Concello de Ferrol do ano 2013.

Este proxecto que fomenta o traballo en equipo acercounos á inclusión a través do deporte e das actividades psicomotrices. Grazas a esta iniciativa reflexionamos sobre a discapacidade e hábitos saludables. O alumnado participou en distintas actividades dende o punto de vista da discapacidade.

Aquí tedes unhas imaxes.

      

Podemos ver máis imaxes na nosa galería de fotos premendo aquí  

Tamén no blog da ASMC dedicado ao Proxecto Peciños atopamos información sobre as actividades realizadas no noso centro.

 
 

 FESTA DE CLAUSURA DO PROXECTO PECIÑOS

 
 

 

 O domindo 22 de xuño, na Praza do Inferniño terá lugar a festa de clausura do "Proxecto Peciños" con actuacións en directo, maxia, pallasos, globoflexia...

         

As actividades comezarán ás 17:30 co acto de clausura e entrega de premios no Centro Cultural Carvalho Calero e a continuación haberá as actividades na Praza do Inferniño ata ás 20:30. No caso de choiva realizaráse no pavillón do Ensanche.

A entrada e gratuita para toda a familia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet