LETRAS GALEGAS 2011 - LOIS PEREIRO

             
   

LETRAS GALEGAS 2011

   
 

 

Miniwebquest Lois Pereiro

   
    A Coordinadora Galega de ENDL pon á disposición da comunida de educativa unha páxina web que contén recursos didácticos para traballar no Día das Letras Galegas 2011.

Nesa páxina poñemos atopar un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. Nel, atopamos unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca.

 


 No Seminario Galán,  O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán de Oseiro-Arteixo (A Coruña), tamén podemos atopar información  sobre o día das Letras Galegas , así como interesantes enlaces sobre a vida e obra de Lois Pereiro e unha recompilación de fotos e actividades interactivas LIM sobre este autor clasificadas por ciclos e etapas (E. Infantil e Primaria).

  

 

Outras actividades LIM interactivas sobre LOIS PEREIRO

     

    

 

   
    ASÍ CELEBRAMOS NO NOSO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS    
         
   

Como todos os anos, no noso centro celebramos o día das Letras Galegas. Este ano cada curso cantou unha canción do folclore galego, houbo un concurso literario, cantamos o himno galego, bailamos... pero mellor...

MIRADE AS IMAXES!!!

   
   

 

Todas estas imaxes e moitas máis están na nosa galería de fotos

   
         
    E xa para rematar nada mellor que este vídeo tan significativo para esta conmemoración    
   

É o galego unha lingua minoritaria?

No mundo hai unhas 5000 linguas, en que lugar situarías ti o galego?

   
     
   
         

Powered by Drupal - Design by artinet