Día das Letras Galegas 09: Ramón Piñeiro López

 

   

 Ramón Piñeiro    Ramón Piñeiro López    

Nace o 31 de maio do 1915 na parroquia de San Pedro de Armeá en Láncara (Lugo) e morre o 27 de agosto de 1990 en Santiago de Compostela a consecuencia duha grave insuficiencia hepática.

De profesión escritor, ensaísta, traductor, filósofo e político, tivo grande influencia nas xeracións de galeguistas e os seus traballos foron decisivos para a normalización do galego nos anos da posguerra. Foi relator da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

No ano 1967 foi elexido membro  numerario da Real Academia Galega, incorporouse cun discurso sobre A linguaxe das linguas

En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, como público e merecido recoñecemento a unha das personalidades máis egrexias e que máis fondamente influíron na vida política e cultural da Galicia do século XX, cargo que desempeñou ata o seu pasamento.

En 1984 recibe a Creu de San Jordi e en 1985 a Medalla Castelao

A súa obra céntrase en traballos sobre pensamento e filosofía, adicados maioritariamente á saudade:  Filosofía da Saudade, Significado da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa. O seu  labor ensaístico queda recollido nos libros: Olladas no futuro, Lembrando a Castelao, A linguaxe e as linguas. Todas as obras reflicten o seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de  Galicia.

Como director literario da editorial Galaxia, contribuíu a publicación de numerosos libros en galego nos anos anteriores á transición democrática. Tamén destaca como animador cultural galeguista: colección Grial e Revista Galega da Cultura.    Como editor destaca a publicación do Diccionario Enciclopédico Galego-Castelán de Don Eladio Rodríguez González. Traduciu o Cancioneiro da Poesía Céltica de Julius Pokorny e do filósofo alemán Martin Heidegger traduce a conferencia Von Wessen der Wahrkeit co título galego Da esencia da verdade.

        

   
     

Para ampliar información sobre a súa vida e obra podes premer nos seguintes enlaces:

   
           
     
Real Academia Galega

   
           
     
Día das Letras Galegas

   
           
   

A súa vida en imaxes

Vida de Ramón Piñeiro 

 Ramón Piñeiro

 

   
           
   

 

Premendo na imaxe poderedes ver outro Vídeo de Ramón Piñeiro  Vídeo 

(Tede un pouco de paciencia porque tarda un pouquiño en descargar)

   
         
           
   

 A continuación podemos atopar uns materiais recopilados pola Xunta relativos a Ramón Piñeiro. Trátase uns carteis ilustrativos e dunha unidade didáctica axeitada para o alumnado de Primaria elaborados polo CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño, Pontevedra).

   
     
Carteles ilustrativos
Carteis

 
Unidade didáctica de Ramón Piñeiro para Primaria
Unidade didáctica

   
   

 No seguinte enlace pódese atopar máis materiais recopilados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Equipos de Normalización) da Xunta de Galicia relativos á conmemoración desta data.

Política Lingüística
   
         
   

Lexislación Ramón Piñeiro foi un dos relatores da primera Lei de Normalización Lingüística. No seguinte enlace podes consultala.

Lei de Normalización Lingúística

   
           
   

 

   
     
Letras Galegas 09

 Preme na imaxe para ver como celebramos as Letras Galegas no CEIP Isaac Peral

   
   

 

   
           

Powered by Drupal - Design by artinet