![]()
|
|||||||||
Este ano Peraliño viaxou por todo o mundo, tróuxonos libros, regalos, boas e vellas historias de países, de cidades, de príncipes e princesas, pero tamén de lugares que temos á nosa beira |
![]() |
||||||||
Chegou ata a nosa ría e atracou en Ferrol, en Navantia, na Malata, en Mugardos e en Narón. Visitou os dous castelos, as praias e o río Xubia, e este inverno veuno todo molladiño pola chuvia.
|
Peraliño e o Antroido
falaron de todo iso e o Antroido, un ferrolán que coñece a súa ría, quere que a ría apareza nos mandados cada día. |
||||||||
|
![]() |
||||||||
|
![]() |
||||||||
Como temos moitas praias nesta ría de Ferrol temos que estar preparados para cando veña o sol.
Traeremos ata o cole o mesmo que ás nosas praias: que a Chanteiro, ou a Cariño, a Caranza ou A Cabana.
Así que busca no armario ata o teu traxe de buza, bañador, caldeiro e pala para ir a Bestarruza. |
Con toda a auga que temos polo norte e polo sur, nesta ría predomina unha bela cor azul. Así que o que nos toca nesta viaxe pola ría é poñer cousas azuis, iso, e moita alegría! ![]() ![]() ![]() |
||||||||
![]() |
![]() |
||||||||
![]() Dous castelos moi fermosos hai na ría ferrolana, un é o de San Felipe e outro o castelo da Palma. O mércores hai que traer o que nun castelo atopes: un cabalo, un cabaleiro ou moitas xoias nun cofre, un rei coa súa coroa e ata un bufón que se mofe. ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ameixas e berberechos, minchas e mexilóns, robalizas e xurelos vieiras e camaróns. Nécoras, vellos, sardiñas, panchos a mogollón, todo rico e nutritivo para medrar un montón. Así nos disfrazaremos, vira o rumbo do timón! de animaliños da ría, bótalle imaxinación!
![]() ![]() |
||||||||