25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O día 25 de novembro foi elixido como data internacional da loita contra a violencia á muller en homenaxe as irmás Mirabal, que morreron asasinadas nas mans do réxime dominicano de Trujillo en 1960. A memoria destas tres irmás, que deron as súas vidas pola causa da muller énchenos de forza para seguir loitando por unha sociedade igualitaria. A educación ten un papel importante nesta “loita”, sendo necesario para todos, incluídos os nenos e nenas, coñecer os dereitos que nos asisten, tales como: |
||
TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO – A vivir unha vida libre de abuso de poder. – A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos. – A buscar apoio e pedir axuda. – A levar unha vida digna, libre de vexacións de compañeiras, compañeiros ou adultos. |
||
NINGUÉN TEN DEREITO
– A forzar a ningún compañeiro ou compañeira a facer algo que non quere. – A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal. |
||
Música "Salir corriendo" (Amaral) |
||
Para descargar a letra da canción "Salir corriendo" (Amaral) |
||
Para entender e traballar o tema, nada mellor que a elaboración dun GLOSARIO DE TERMOS que vos presentamos e por último o MANIFIESTO ANTIVIOLENCIA DE XÉNERO. |
||
Profundizando un pouco máis no tema propoñemos dous enlaces a MINIQUEST, axeitados para 2º e 3º ciclo de Primaria o 1º ciclo Secundaria Miniquest para o 2º ciclo de E. Primaria: "MARIANA PINEDA" Miniquest para o 3º ciclo de E.P: "LAS HERMANAS MIRABAL" Premendo nas imaxes pódese acceder a eles: |
||
Así conmemoramos no noso centro do día da NON VIOLENCIA DE XÉNERO |
||