O pasado luns 5 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos o Castelo de San Felipe. Fomos recibidos pola augadora Dorinda e polo soldado Piñeiro, este dous personaxes pedíronnos axuda para atopar un tesouro que estaba agochado no castelo. Pasámolo moi ben, pois Dorinda e Piñeiro contáronnos unha chea de contidos culturais moi interesantes. | ||||||
Se queredes ver todas as fotos da actividade premede na cámara de fotos de abaixo. |
||||||