Visita de Antón Cortizas

     
   
     

Os nenos e nenas de 5º e de 6º de Primaria non puidemos ter mellor agasallo,

na semana do Día do libro, que a visita do padriño da nosa biblioteca:

o escritor

  

para realizar un

TALLER DE ADIVIÑAS 

   
                

Pasámolo moi ben construíndo o xogo do

BICO DO GALO 

unha especie de "ceo e inferno" con números e adiviñas,

así como facer un chifre cun anaco de papel.

Mesmo nos recitou unha cantiga da súa infancia

para botar as sortes nos xogos:

"Este é a noite.

Este é o día.

Este é o cu

da tía María."

 
     
 

Xogamos tamén a resolver as adiviñas que Antón traia preparadas.

Estas adiviñas están no seu libro

"ADIVIÑA ESTA ADIVIÑA" 

Animounos a xogar coas palabras e crear as nosas.

 
     
 

 Escoitamos a canción:"NO MUNDO HAI UN PAÍS"

interpretada por GUADI GALEGO

A letra desta canción aparece no libro

"O COLO DAS PALABRAS" 

no que Antón deixou, tamén, a súa pegada xunto a outros escritores.

Convidounos, apartires desta canción, escribirlle a nosa lingua.

"Dalle unha aperta a nosa lingua...

...aínda que sexa soñando."

     

Rematamos agasallándoo cun bolígrafo

para que siga escribindo cousas fermosas na nosa lingua.

Antón non quixo despedirse sen deixarnos unhas fermosas dedicatorias.

Recordounos:

"O MÁIS BONITO QUE PODEMOS FACER É FALAR A NOSA LINGUA"

     
 

Por espertar coa túa "maxia" a nosa imaxinación

e poder gozar da túa compaña e das túas ensinanzas!!

 
     
 

Preme na icona para ver máis imaxes deste día.

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet