EDUCANDO CON MALIBÚ

   
 

   
             
     

 O pasado venres 16 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita da cadeliña Malibú da Granxa-Escola de Xanceda. Malibú é unha cadela moi especial, pois exerce como mestra en todos os colexios aos que vai. Ven sempre acompañada da súa axudante Adriana, unha rapaza que traballa na granxa. As dúas viñeron co obxectivo de espertar as nosas conciencias sobre o abandono de animais. Malibú coñece moi de cerca este tema, pois ela mesma foi abandonada polos seus donos ao pé dunha estrada. Afortunadamente a nosa cadeliña foi adoptada pola Escola-Granxa de Xanceda.

Velaí as fotos da actividade.

     
             
             
             
             
     

SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA VISITA DE MALIBÚ, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

 

     

Powered by Drupal - Design by artinet