![]() |
![]() |
![]() |
||||
O pasado 10 e 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º fomos a Afundación Abanca a ver a exposición "A fronteira Infinda". A mostra presentaba un compendio de pinturas realizadas por pintores galegos refuxiados en América. A temática dos seus cadros era a emigración, o exilio e as novas xeracións formadas na posguerra. Velaí as fotos da actividade. |
||||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
Durante a explicación das pinturas de Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell e Luís Seoane, fixemos uns crebacabezas moi chulos no chan. | ||||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
Deseguido fixemos un obradoiro de bonecos e bonecas recortables, aos que podiamos vestir con traxes típicos dos países americanos aos que os pintores e os emigrantes tiveron que viaxar, como é o caso de Uruguay, Arxentina, Brasil ou Venezuela. | ||||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
Por falta de tempo, non puidemos rematar a tarefa na fundación, entón coma ainda nos quedaba unha hora de clase, decidimos rematala na clase. | ||||||
![]() |
![]() |
![]() |
||||
SE QUEREDES VER AS FOTOS DA SAÍDA PREME NAS IMAXE DE ABAIXO. A CÁMARA NEGRA É PARA AS FOTOS DE 1º E A CÁMARA VERDE E AZUL PARA AS FOTOS DE 3º |
||||||
![]() |
||||||
![]() |
||||||
E AGORA PARA REMATAR, ANIMÁDESVOS A FACER ESTE CREBACABEZAS ONLINE DA OBRA "MULLER EN AMARELO" DE LUÍS SEOANE?
|
||||||