MAREIRIÑA, A NOSA REVISTA ESCOLAR

       
    

 

 Mareiriña é o nome que os primeiros equipos de redacción, alá polo ano 2003, escolleron como nome para a nosa revista.

 A revista naceu dentro do marco dos Obradoiros Escolares onde se formou o Obradoiro de prensa, polo que ían rotando en pequenos grupos, todo o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Estes grupos formaban o Equipo de redacción e eran os encargados de distribuir as seccións da revista entre todas as aulas do centro, así como de elaborar os artigos, novas e conmemoracións que previamente se acordaran. 

Na actualidade a revista escolar é organizada polos equipos de Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega. Cada unha das aulas fai a súa pequena aportación a cada unha das edicións anuais da revista. 

 

Aquí pódense consultar todos os números publicados en cada un dos cursos escolares....

 

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet