A semana pasada celebramos no cole o día da literatura infantil e xuvenil. Para iso, levamos a cabo unha actividade relacionada co proxecto da biblioteca: "Ferroleando polos mares".
Os nenos/as foron ler, recitar, representar e contar contos, poemas, historias..., aos seus compañeiros de outros cursos, e viceversa. Todos os textos, contos, poesías.., estaban relacionadas co mar. Foi unha experiencia moi estimulante para os alumnos/as, posto que poideron mostrar ao resto as súas dotes interpretativas!!!!
Premendo na imaxe podedes acceder á galería de fotos!!!!