LETRAS GALEGAS 2017

       
     
       
  

  

     
       
  

 Este ano, adicamos  as Letras GalegasCarlos Casares, un escritor ourensán, profesor e deputado que desde pequeno sempre amou a súa terra e a súa lingua.

Participou na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística, foi o director da Editorial Galaxia, moi importante na publicación de libros en lingua galega e escribiu numerosos libros, entre eles A galiña azul, Lolo anda en bicicleta, Un polbo xigante, unha serie de libros arredor da figura dun neno inventor, Toribio e a peza de teatro As laranxas máis laranxas de todas as lararnxas.

Precisamente unhas alumnas de 6º A fixeron un mural para decorar a entrada do cole, en relación a dúas desas obras. O alumnado de Infantil tamén compuxo uns fermosos murais.

  

 

  
  

 Dentro da celebración da Letras, tamén contamos coa participación de 

 PREME PARA SABER MÁIS DESTA COMPAÑÍA 

 

O luns, 8 de maio  o alumnado do Isaac Peral desfrutou do CONTADOR DE CONTOS desta compañía, con contos baseados nas obras de Casares.

   

PREME NAS IMAXES PARA VER MÁIS 

  
  

 Con motivo da celebración das Letras Galegas, o xoves 11 de maio, máis de mil estudiantes cantaron con GAUDI GALEGO, no estaleiro de Navantia.

Ata alí acudiron os nenos e nenas do noso coro para gravar xunto cos estudantes doutros coles, un video interpretando un tema da cantante, titulado CHEA DE VIDA.

 

Esta multitudinaria actividade intercentros foi promovida polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado (CEFORE).

  
  

 Como non podía ser menos, a véspera do día das Letras Galegas, tamén celebramos un pequeno festival no cole .

Cantamos e bailamos en parellas a ritmo de pasodrobe, "A saia de Carolina " de Fuxan os ventos.

    

  
   Escoitamos tocar ao noso gaiteiro , Nico de 5º A, o" Pasodobre de Pastoriza".   
                       
  

O coro, despois de vivir a experiencia emocionante de cantar con Guadi Galego, tamén nos quixo agasallar coa interpretación de  " Chea de vida".

    

  
   Acabamos este pequeno acto como todos os actos oficiais galegos, cantando o noso himno: O HIMNO GALEGO.    
       
  

 

PREME ENRIBA DAS NOTAS PARA VER MÁIS IMAXES DO DÍA DAS LETRAS.

  
     

Powered by Drupal - Design by artinet