Titorías

 
     
   
     
 

Tal como establece a Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, cada grupo de alumnos ten un profesor-titordesignado polo director a proposta do xefe de estudios. O profesor titor será o que imparta maior número de horas nesa titoría. 

As súas FUNCIÓNS quedan establecidas ó disposto no Regulamento Orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

Para recibir aos pais fíxase unha hora á semana, que será os MARTES de 16:00 a 17:00, previa petición de hora chamando ao teléfono 981 35 46 99.  Así tamén cada profesor-titor pode facer reunións ao longo do curso cos pais/nais, sendo obrigada unha ao comezo do curso, antes do mes de Novembro para informar da marcha do curso. 

Tódolos profesores que imparten clase ao mesmo grupo de alumnos reuniránse alomenos unha vez por trimestre, nas xuntas de avaliación, e sempre que se estime necesario.

FUNCIÓNS  DO  MESTRE  TITOR

 a)Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe de estudios

 b)Proporcionar no principio de curso, aos alumnos e aos pais todo tipo de información.

 c)Coñecer as características persoais de cada alumnos a través da análise do seu expediente persoal e outros documentos.

 d)Coñocer os aspectos da situación familiar e escolar dos seus alumnos/as.

 e)Efectuar un seguimento global dos procesos de aprendizaxe para detectar dificultades e necesidades especiais e buscar as posibles solucións (orientación, apoios..)

 f)Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para os alumnos/as do seu grupo

 g)Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro

 h)Orientar ós alumnos no seu proceso formativo.

 i)Informar ao equipo de profesores das características de cada un dos alumnos/as.

 j)Coordinar o axuste de diferentes metodoloxías e principios de avaliación  programados para o mesmo grupo de alumnos.

 k)Organizar e presidir as sesións de avaliación.

 l)Coordinar a avaliación dos alumnos do seu grupo e adoptar a decisión que proceda referente á promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de audencia dos seus pais ou titores legais.

 m)Atender aos alumnos mentres estes permanezan no centro en período de lecer

 n)Colaborar co equipo de orientación educativa.

 o)Colaborar cos demáis titores nos proxectos educativo e curricular do centro

 p)Orientar as demandas dos alumnos e mediar ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten.

 q)Informar aos alumnos do grupo, aos pais e profesores de todo aquilo que lle afecte ás actividades docentes e o rendemento escolar (con especial atención aos aspectos da competencia lingüística)

 r)Facilitar a cooperación educativa entre profesores e pais de alumnos.

 s)Exercer a coordinación entre os demáis profesores do grupo.

 t)Cubrir os documentos oficiais do seu grupo.

 u)Controlar a falta de asistencia ou puntualidade dos alumnos e informar aos pais e ao xefe de estudios.

 v)Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio e orientación dos seus fillos.

 w)Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial.

 
     

 

 

.........................................................

Powered by Drupal - Design by artinet