O pasado día 11 de Febreiro celebrouse o DíA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA
Por esa razón o 17 de febreiro, viñeron ao noso centro dúas enfermeiras, Carla e Sara, que están a facer o doutorado, viñan en lugar da súa profesora Mª Jesús Movilla. Apoiadas por imaxes na pantalla e a través dun diálogo distendido e ameno co alumnado presentaron a súa labor ao longo da historia e o traballo que desenvolven na actualidade.
Fixeron fincapé na importancia que ten a ciencia e a investigación para o descubrimento e estudo de enfermidades e as posibles curacións. Tamén lles explicaron que a labor dunha enfermeira ou enfermeiro, ademais de ser o apoio dos médicos, dedicándose ao coidado da saúde das persoas, abarca moitos outros campos: profesora, xestora, directora de centros de saúde, investigadora…
Animáronlles a que tiveran en conta esta profesión como un camiño de axuda aos demais. O alumnado pasouno moi ben e aprendeu moito.
Quedamos moi agradecidos pola súa visita.
na imaxe e veredes o escrito que elaborou o alumnado de