CONVERSAS CO ESCRITOR ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

             
   

 

   
           
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Antonio chegou contento e relaxado, transmitindo serenidade entre o alumnado. Iniciou a súa conversa falándolles do afortunados que eran por ter esta fermosa biblioteca, chea de grandes obras literarias. Contoulles que el de pequeno non tiña ningún libro na súa casa e tampouco no colexio; que ata os 16 anos non empezara a le, pero que despois xa nunca parou de facelo.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

Díxolles que lle gustaba moito vir a este centro no que se respiraba entre as mestras e mestres, un grande amor pola literatura e especialmente, pola poesía; que aprenderan delas.

   
   

A continuación fíxolles un xogo: unha proba de atención para introducilos no mundo da poesía. Picoulles dicíndolles que non ían ser quen de poder facelo.

O xogo consistiu en lerlles varias veces un poema e despois lelo sen a palabra final de cada verso, eles tiñan que rematalo. Non faltaron grandes risas e aplausos ata ó final.

   
   

Logo pasou a falarlles do libro que leran: “Verbas de sal”. Respostou todas as preguntas que lle fixeron de moi bo grado.

 

Faloulles do protagonista, Don Evaristo, que se parecía a el. Gústalle o mar, escoitalo, sentir que lle conta cousas. Non podería vivir sen o mar. Tamén é coma el, moi curioso, gústalle saber moitas cousas; por iso encantáballe estar na biblioteca do pobo de Vilamollada.

   
 

Para el a obra é unha defensa da literatura, das palabras, ten a intención de animar a ler.

Está escrito en prosa poética, buscando aquelas palabras fermosas que enchan de emocións os vosos corazóns e vos encamiñen a amar a poesía.

 
 

Para finalizar a rapazada agasallouno con debuxos e un poema que compuxeron. El firmoulles a cada un o seu libro.

E para rematar... PODEDES VER NA BIBLIO O AGASALLO QUE NOS DEIXOU ASINANDO SEU LIBRO!

        

 

Moitas gracias e ata pronto, Antonio !!!

 
     
 

                   

 

Powered by Drupal - Design by artinet