CONCELLEIRAS E CONCELLEIROS

       
             
             
     

 O xoves 15, as nenas e nenos de 3º, fixeron unha saída ao Concello, visitando o barrio da Magdalena e observando neste percorrido a estructura típica deste barrio: "tableta de chocolate" e algunha mostra da arquitectura modernista.

No Concello, recibiunos o Alcalde, Jorge Suárez, e no Salón de Plenos  fixemos propostas moi interesantes as concelleiras e concelleiros, e xunto coas "alcaldesas" foron aprobados, por maioría

Algunhas destas propostas foron:

-Menos coches e máis rúas peonís.

-Máis parques cubertos para poderen xogar no mal  tempo.

-Limpeza da ría e cidade.

-Máis carrís bicis e zonas de deporte.

-Axudar a persoas pobres e seu traballo.

Foi unha maravillosa experiencia que as crianzas de 3º non esquecerán.

 

 

     
     

 VELAÍ AS FOTOS DA NOSA SAÍDA

 

 

 

     
     

 ESCOITADE A NOVA DESTA VISITA NA NOSA RADIO CHALANA!!!

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet