O martes 24 de maio, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria fomos a visitar ao Tercio Norte. Pasámolo moi ben, posto que vimos unha exhibición duns cans moi intelixentes, que están ao servizo do persoal militar. Na segunda parte da visita, a Banda Musical do Tercio Norte agasallounos con pezas musicais, que ían dende a Bela e a Besta ata a Panteira Rosa. Deseguido, o mércores 25 de maio, fomos a un Bautismo de Mar. Embarcamos nunha fragata que nos levou por toda a nosa ría, ata chegar aos Castelos de San Felipe e A Palma.
E AGORA VEXAMOS FOTOS DAS DÚAS VISITAS
SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DAS DÚAS VISITAS, PREMEDE NAS IMAXES DE ABAIXO
E COMO COLOFÓN PRESENTÁMOSVOS ESTES DOUS CREBACABEZAS