A ESCALETA DA RADIO CHALANA

             
     

A ESCALETA DA 

     
     

SUBE NA CHALANA E REMA CON NÓS!!!

ESTES SON OS ESPAZOS QUE PODES ESCOITAR NA NOSA RADIO

     
      OLLO DE BOI: A XANELA DAS LETRAS. Se che interesa a lectura podes atopar neste espazo a información de libros que te levarán a disfrutar coa súa lectura. Animámosvos a que nos axudes a facer este programa!      
      AVISO PARA NAVEGANTES. Queremos que atopes aquí noticias moi interesantes da nosa comunidade escolar.      
      REDES. Enredaremos co deporte. Queremos recuperar os xogos tradicionais na escola e que no recreo todas e todos xoguen e se divirtan de xeitos diferentes.      
      MANDA TOLETE!. Nós podemos mellorar o mundo!!! Trataremos de estar rápidos en denunciar as cousas que pensamos que deben ser cambiadas.      
      GAIVOTAS EN TERRA. Oteando desde o ceo, as gaivotas falan unhas con outras. Nós falaremos tamén e entrevistaremos a moitísima xente que sabe moito e aprenderemos dela.      
      NORDÉS. Ponte ao pairo co vento nordés, que este é o sitio da publicidade ao revés.      
     

O PESCADOR PESCADO. Tírate pola borda da risa se non podes aguantar! Facemos bromas e contamos chistes porque nos gusta que a xente ría! 

     
     

O TAMBUCHO: ESPAZO ADICADO A TIRAR MUROS E RECONCILIARNOS CO MAR DE FERROL. Cantas palabras sabes que teñen que ver co mar? Adicamos un tempo a esas palabras que falan del: nomes de peixes, de aves, expresións, partes do barco, nomes mariñeiros. Ferrol ten mar e queremos coñecer todo o que fale del . Do tambucho quitamos palabras para nomear, do tambucho si, do tambucho! 

     
      ARRÍA O RIZÓN! Como habíamos quedar sen adicar un tempo ás excursións? Cando saímos de excursión gústanos moito falar do sitio escollido, e mesmo á volta seguimos dalle que dalle...      
     

A MAROLA. Queremos que as familias falen na escola. É por iso que lles deixamos un espazo para elas na radio. 

     
      NA RIBEIRA. Molla os pes coas nosas ondiñas porque escoitarás contos e adiviñas! Poesías non han de faltar, esperamos que as nosas historias non te vaian marear!      
      TERRA Á VISTA! Como imos quedar sen concursar? Participa nos nosos concursos propostos pola radio, non gañaremos cartos pero os retos farán que penses a diario!      
      CANTOS DE SEREA. Sabedes que nos gusta moito a música, cantar, bailar e escoitar. A música na nosa chalana non pode faltar!      
      MENSAXES NA BOTELLA. Imos deixarte na botella unha frase que che faga pensar, unha frase que prendas no corazón, unha frase para compartir, unha frase con ilusión.      
      VAS AO GARETE? Os traballos por proxectos é obrigado compartilos, farémolo para que a chalana te leve cada día con máis sabedoría!      
     

Preme aquí e escoitarás a escaleta

 

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet