RADIO ESCOLAR

                 
               
                 
        POR QUE "CHALANA"?        
       

Sendo a chalana unha embarcación moi pequena, é tan útil para quen a emprega que esa persoa a coida e a mima con moito agarimo, sempre na procura de que os temporais non a danen. Así queremos que sexa a nosa radio, que sirva para trasportar ao noso alumnado na lingua galega pouquiño a pouco capeando as ondas. 

       
                 
        HISTORIA DA RADIO        
       

O proxecto da radio preséntase ao Consello Escolar no curso 2014-15 pensando que sería doada a súa posta en marcha. Pois non foi así, xa que aínda que a ilusión foi moita, o profesorado tivo que formarse. O primeiro que fixemos foi aproveitar o proxecto para mellorar as posibilidades do colexio:

  1. atención a diversidade 
  2. competencia lingüística na lingua galega
  3. competencia lecto-escritora en xeral : falar, escribir, contar, ler, debatir,..

Escolleuse un grupo de alumnos e alumnas que levaran o peso da radio dende o principio. Así estableceuse un Taller de Radio en 5º e 6º. No curso actual extendeuse o traballo a todo o alumnado de 4º, convertidos por un curso en "xornalistas" e proponse tamén a todo o centro traballar para a radio dende as titorías, abríndose o espazo radiofónico a toda a comunidade escolar.

       
                 
                 
        QUEN TRABALLA DETRÁS        
       

Detrás da Radio está todo o colexio, cada quen na súa medida e esperamos que cada día poidamos mellorar nas expectativas creadas e ofrecer unha mostra oral do traballo das aulas como se merecen.

Grazas a colaboración da Radio escolar de Ludy que foi quen de ensinarnos nun primeiro momento cando se estaba a xestar esta idea con moita paciencia, grazas a Radio Filispím e ás persoas que traballan nesta radio, que nos axudan constantemente na nosa formación, grazas ao Cefore que nos axudou co noso plan de formación do profesorado e grazas, sobre todo, á acollida desta idea por parte do noso alumnado, que é quen poñer a enerxia e a ilusión cada día a cada proxecto novo que se lle presenta.

E así foi como comezamos...

                       

                        

                        

                        

  .    
                 
                 

Powered by Drupal - Design by artinet