Sesión plenaria infantil

                 
    SESIÓN PLENARIA INFANTIL NO CONCELLO DE FERROL    
       

       
          

DÚAS ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA ACUDIRON A UNHA SESIÓN PLENARIA INFANTIL NO CONCELLO DE FERROL

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
      

O Salón de Plenos de Ferrol foi o lugar onde escolares de 6º de Primaria de trece centros de Ferrol, exercendo simbolicamente de concelleiros, manifestaron as súas inquedanzas ao Alcalde de Ferrol e a Concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo. Este pleno foi organizado dentro do proxecto establecido en colaboración con UNICEF para converter Ferrol en "Cidade amiga da Infancia"

Os nosos pequenos concelleiros plantexaron peticións moi interesantes coma cubrir parques e zonas verdes da cidade, o alquiler de bicicletas para menores ou máis zona de xogo na praza de Amboaxe.

En representación do noso centro acudiron Candela Rañal (6º A) e Alicia Iglesias (6º B). 

Candela preguntou por qué en Navantia había tantas instalacións que non se utilizaban e que poderían darlle traballo a moita xente, pregunta que fixo súar ao Alcalde. Pola súa parte, Alicia demandou máis Bibliotecas en Ferrol. Escoitade as súas intervencións.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo      Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Máis imaxes premendo aquí 

  

    

Powered by Drupal - Design by artinet