O mércores 11 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de Primaria fomos ao Auditorio de Caranza a presenciar o conto, Iván e o lobo gris . Foi un auténtico espectáculo de monicreques e diapositivas ilustradas, envoltas en música das Danzas Eslavas de Antonín Dvórak; interpretado a piano, pola Asociación Musical Musicreques. Aquí tedes algunhas imaxes do acto: |
||||||
Se queredes ver máis fotos do acto premede na imaxe de abaixo. |
||||||
Musicreques e Iván e o lobo gris está de xira por unha meirande parte da xeografía galega, aquí tedes un vídeo deles:
|
||||||
Gústavos xogar aos puzzles? Pois velaí tedes un crebacabezas dunha das diapositivas do conto
|