CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO

Os pasados xoves 3 e venres 4 de novembro, a nosa escola participou nas carreiras de campo a través organizadas por AGRUDEBAM nun circuito na ribeira de Caldelas de Tui.

As clases participantes foron as de 2º, 3º, 4º e 5º curso de ed. primaria. Os cales tiveron a sorte de ter a experiencia deportiva con ne@s de todo o Baixo Miño, das escolas dos concellos de Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.

Destacar que aínda que non era o obxectivo, as clases de 2º e 4º quedaran campioas en equipos femininos. E que varios nen@s obtiveron premios individuais. Destacando Enma de 2º ou Anais de 5º.