Skip to Content

Actualidade

Celebramos o Entroido!

 

No Ceip Gregorio Sanz, temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.

Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”. Despois de comunicarnos os mandadiños, rematamos o venres 12 celebrando o ENTROIDO no cole . Para dar cumprimento os protocolos, nun estricto respecto ás normas hixiénico –sanitarias , os nenos/as separados por grupos estables de convivencia nas zonas establecidas de actuación non deixaron de desfrutar da orixinalidade e colorido do seu disfraz de temática libre, ambientado nunha coreografía con música mantendo viva a súa ilusión e alegría nesta conmemoración, xunto co profesorado e persoal non docente.

Queremos expresarlles o agradecemento na súa colaboración e compartir con vós ese día, xa que sentimos a vosa compaña no tradicional festival que se viña celebrando aberto ás familias.

Ligazón á galería fotográfica do Entroido

 

Conmemoración do Día da Paz

Felices Festas!

Dende o CEIP Gregorio Sanz queremos desexarvos unhas boas, aínda que atípicas vacacións.

Pero... como ben sabemos nunca choveu que non escampara...

Animámosvos a que non deixedes de cumprir as medidas recomendadas e disfrutade da vosa familia!

Deixamos unha postal e lecturas recomendadas.

Lecturas recomendadas

Bo Nadal!

A Comunidade educativa do CEIP Gregorio Sanz deséxalles Felices Festas e Bo Nadal!

 

Xa chegou o Nadal!

Nenos e nenas de Educación Infantil acompañados das mestras titoras lembran o "concurso 1,2,3" para desexarvos...BO NADAL!

Distribuir contido


by Dr. Radut